CRONICAS






26/11/2011


Crónica partido Alevíns A  2 - U.D Barbadás  3

Partido disputado o resultado final 2-3 reflicte a igualdade sobre o sintético da Granxa 2-3. Xogaron os dous equipos con intensidade e de igual a igual. O mais xusto sería sen dubida un empate pero hemos de nos quedar      con que se empeza a competir e os resultados están no aleiro ate o derradeiro minuto. A tendencia é boa. Eso sí empezamos a precisar victorias xa.

A anécdota as tres exclusións por 2 minutos que decretou o colexiado, nesto gañamos, duas par nós unha para o Barbadás, por aquelo de compensar. Mi madriña o día que teñan mala intención acabamos con 3 menos. Pasouse o rapaciño pero bueno, xa aprenderá.



12/11/2011


EFM Arenteiro - Edcverin alevíns A 8




Bo partido, con alternativas i emoción ate o final na vila Carballinesa. 


Empate a oito, a pesar de non conseguir a victoria bo sabor de boca con ese empate no último minuto que mostra a loita dos rapaces.


Noraboa.




05/11/2011


Edcverin alevíns A 1 - EDC Xinzo 5 




Desastre, a melloría albiscada no anterior encontro esfumouse entre a xeada.


Xugouse mal e polo tanto, perdeuse. Eso sí o bo e que hai moito marxe de mellora, e os rapaces pasarono ben que a finde contas e o importante.


Noraboa ós rivais




30/10/2011
Pabellón 8 - Edcverin alevíns A 0
Ante o mellor equipo da categoría os rapaces aguaantaron as tres cuartas partes do partido de forma mais que digna, rematando a primeira parte con un 2-0 no que a mala sorte xugou unha mala pasada. Lastima de ese segundo gol caseque co pitido final i en propia meta. Loitaron os nenos de xeito que un equipo que levaba un balance de goles ate o momento de 32 a favor e 2 en contra, e xogando na súa casa non foron quen de remachar o partido (como eles o fan normalmente, con diferencias superiores ós 10 goles) ate so os 10 derradeiros minutos.

Felicitacións para o rival polo traballo que fan e que polo visto no partido de hoxe, vai camiño de envabezar a clasificación. Grande circulación de balón, bandas rapidas (¡que comen eses rapaces por deus!), colocación ataque defensa impecable. Da gusto velos xogar. Pero nós chegaremos a eso, seguro, tempo ó tempo.

Dos nósos, nada que reprochar cando se da o que se tén e con deportividade. A sguir mellorando na primeira autonómica de alevíns de Futbol-7, estase no camiño. A partires de agora e a vista da clasificación os rivais parecen mais asequibles, si ben dende logo non han de ser doadas. O calendario quixo que nas primeiras xornadas tocasen os mellores equipos da categoría, os dous Pabellóns, Ourense, Ponte, todos con unha grande tradición de equipos solidos nestas categorías.

Alguén decia o outro día, "agora empeza a nosa liga", pois a por eles. Dende logo pelexando como o outro día seguro que se acadan resultados pronto.








No hay comentarios:

Publicar un comentario