NOVAS

20/10/2011

Presentación dos equipos federados das E.D. de Fútbol e Fútbol-Sala do Concello de Verín
Fonte; http://www.verin.es


O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o concelleiro da área de Mocidade e Deportes, Víctor Manuel Baladrón Lamas, presentarán na xornada de mañá, a partir das 19 horas, aos nove equipos federados das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol-Sala do Concello de Verín para a tempada 2011-2012.
Devandita presentación terá lugar no complexo deportivo de A Granxa e na mesma participará un douscentos nenos/as das seguintes categorías: tres equipos benxamín de Fútbol 7, dous alevín de Fútbol 7, un un infantil de Fútbol 11, un cadete de Fútbol 11 e os equipos alevín e infantil de Fútbol-Sala.

Esta iniciativa naceu o pasado ano co obxecto de impulsar as escolas de Fútbol de calidade entre os/as nenos/as do municipio, tras efectuar un acordo coa entidade Verín Club de Fútbol, nas categorías de: benxamíns, alevíns, infantís e cadetes -os xuvenís e primeiro equipo quedarían ao cargo da entidade deportiva-; mentres que as de Fútbol-Sala puxéronse en funcionamento hai varios anos, acadando grandes éxitos a nivel galego.

Estas actuacións deportivas constitúen unha aposta do Concello de Verín para fomentar un política municipal promotora da saúde, que impulse a participación comunitaria, promova ambientes onde sexa máis fácil practicar estilos de vida saudables, a través da boa alimentación e da práctica regular do deporte, e sexan unhas escolas modélicas onde a práctica deportiva, o respecto por os semellantes e os hábitos saudables sexan os obxectivos principias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario